Xunta Directiva Socios de Honra

A ASOCIACIÓN

É moita a curiosidade suscitada por aquelas persoas que como vós vos achegades por primeira vez á nosa web. Se vos preguntades que é a AERCEGSA só podemos contestarvos dun xeito, é un foro social comprometido coa recuperación e conservación do patrimonio sericícola español.

Un patrimonio e acervo, tan diverso como as xentes que poboan nosa ampla xeografía. A nosa tradición sedeiro afunde as súas raíces na Idade Media, sendo de mans de Al-Andalus cando a industria da seda alcanzou o seu maior apoxeo. Tradición que quedou definitivamente extinguida a metade do s. XX e con ela, un conxunto de coñecementos tradicionais, unha pluralidade de variedades tanto animais e vexetais, froito do sabio traballo dos nosos avós. 

O tempo que nos tocou vivir, coa súa enfermiza velocidade, fai incompatibles o mantemento de certas actividades, que non hai demasiado alimentaron moitas familias. Por iso, agora máis que nunca debemos reformularnos cómo compatibilizar a tradición e a modernidade.

Para esta empresa contamos con persoas que dedican o seu escaso tempo a conservar, investigar e estudiar o ben máis prezado que temos, a nosa Cultura. Se sodes deste tipo de persoas esta é vosa casa, sede benvidos...